Publicacións

Declaración de Touro

O reto municipalista de cara a 2023 en Galicia As forzas locais galegas asinantes desta declaración constatamos a situación real de Galicia en moitos ámbitos: dende a febleza do rural, tan cheo de posibilidades como baleirado, á debilidade do tecido económico que non está preparado para facer fronte á pandemia. Por iso, propoñémonos colaborar para superar o longo proceso de desindustrialización en Galicia, mellorar os servizos públicos esenciais e as baixas rendas de rescate social e achegar oportunidades para a xente do común nun país que inda está a curar as feridas da crise económica mundial. Dada a realidade social e económica, a defensa da sanidade, da educación e dos servizos sociais obríganos a reforzar urxentemente, a través da acción política e da mobilización social, a cobertura de servizos públicos para superar esta nova crise. Deste xeito, a sociedade galega vai moito máis alá do que o Parlamento de Galicia representou nunca e a representación política debe darlles solu